Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2023

Último día e curtas!

Imagen
O último día completo e a despedida sempre son días un pouco diferentes, as veces, ata complicados. Pena de marchar, nervios por ver as nosas familias, actividades distintas ás habituais... un cúmulo de cousas que fan que estes dous días pasen voando! O domingo aprovechámolo para rematar as curtas, repetir a nosa actividade favorita, fixemos un gran xogo e preparamos as maletas para ter todo listo e poder marchar tranquilos o día seguinte. Para finalizar o día, visionamos as curtas todos xuntos e fumos ao "Furancho de Gheremías", que montamos nas pistas de fútbol e foi onde puidemos bailar e comer algunha que outra chuminada. O día de recollida foi intenso, pero creemos que pagou a pena. Dende o equipo, agardamos que os peques disfrutasen dunha experiencia máxica e que non dubiden en repetir, xa sexa neste ou calquera outro campamento. Podedes ver as curtas neste enlace . Gracias por todo e feliz verán da nosa parte tamén!

Día pasado por auga!

Imagen
  Pola mañá despertamos con choiva pero poidemos rematar as actividades da segunda rotación: formación, rocódromo, circo, drama e expresión corporal, facendo que todos os grupos rematasen de repetir cada unha delas. Rematando a primeira parte do día nadando e disfrutando na piscina. Repusimos forzas comendo ensalada de garbanzos e arroz negro con chipiróns para logo seguir grabando as nosas curtas, que expondremos na festa final. Despois de merendar, fixemos un obradoiro de igualdade para poder estar baixo cuberto, no que pasaban por diferentes espacios nos que iban traballado diferentes cuestións relacionadas có tema: debuxo, memoria, role playing e debate. Despois de cear cuscús e costelas con verduriñas limos, como cada día, o buzón e posteriormente comezamos a velada de terror, que tantos días levaban pedindo. Unhas bruxas discutiron en Entrimo mesturando a maxia branca e negra, precisando a axuda dos acampados para atopar os enigmas que revelarían o conxuro. Rematamos o día c...

3, 2, 1...acción!

Imagen
 Estamos na recta final e iso nótase no ambiente... os sentimentos a flor de pel intentando explotar ao máximo estes últimos días disfrutando das actividades, grabando as curtas e aproveitando moito das nosas novas amizades 👯‍♂️ Pola mañá comezamos a segunda rotación de circo, drama, expresión corporal, formación e rocódromo, servindo todas de preparatorias para o corto. Comimos macarróns con atún e tomate máis polo estofado con ensalada. Despois, no tempo libre, seguimos con algúns torneos que temos montados: fútbol, baloncesto, tenis de mesa... Ao rematar, levamos a cabo unha dinámica de Conecta2, que trata, en forma de xogo, de amosar as diferentes situacións que viven persoas en risco de exclusión social, inmigrantes, etc. Unha vez finalizado, tivemos un debate, dende o máximo respeto, entre todos que levou a conclusións moi bonitas onde os participantes poideron empatizar e entender situacións que moitas vs eces non vemos.  Para finalizar a tarde, cada grupo comezou a fi...

Día de excursión!

Imagen
 Onte os vosos peques camiñaron como uns campeóns, 7km indo ata o río de Pacín e 7km volta. Polo camiño, paramos en Entrimo para merendar, tanto a media mañá á ida como a media tarde cando estábamos volvendo.  Ao chegar a Pacín, bañámonos no río e tivemos un ratiño de tempo libre antes de comer empanada de atún e un bocata de polo con queixo. Ao rematar, estivemos bailando e volvéronse a bañar; tamén puideron coller algunha bebida (sempre sen cafeína) nun chiringuito que hai na praia fluvial e pouco depois comezamos a marcha de volta a Entrimo.  Nesta parada da tarde, aproveitamos para ir ó super, onde poideron comprar refrescos e algunha que outra larpeirada, que comimos todos xuntos no anfiteatro de Entrimo. Ao rematar, volvemos ó campamento onde ceamos hamburguesa e ensalada. Para acabar un día tan intenso, fixemos velada de cine, onde vimos a peli de Super Mario Bros tiradiños nos colchóns, tapados coas mantas e cun cucurucho de palomitas 🍿

Metade de campa superada!

Imagen
 O día de onte foi o ecuador do campa e isto vai rodado! Pola mañá, cada grupo rematou o bloque de actividades que lles faltaban por facer e, como sempre, rematamos a mañá na piscina disfrutando de este bo tempo que estamos tendo. Comimos arroz con tomate, champiñóns e lomo de porco e logo tivemos tempo para chamar a casiña e contar cómo vai todo. Pola tarde, comezamos a segunda rotación de actividades do campamento, onde nos adentramos totalmente no mundo de teatro. Despois da merenda, comezamos a pensar, argumentar e crear os nosos cortos para poder comezar a grabar canto antes! Para rematar o día, ceamos ensalada campera e fideuá de luras. A velada foi "carreira de creatividade", onde os rapaces e rapazas debían bailar, animar e cantar á vez que superaban diferentes probas.

Cuarto día de aventura!

Imagen
Onte pola mañá seguimos coas actividades de rocódromo, circo, drama, xeoaching, arco, formación, deportes cooperativos, expresión corporal, deporte acuático e obradoiro de natureza; cada grupo seguindo coas penúltimas actividades que lles faltaban por facer. Ao finalizar as actividades, como cada día, rematamos a mañá disfrutando da piscina. Comimos salmorejo e pasta con marisco para coller forzas xa que despois de comer comezábamos a primeira excursión do campamento. Fumos camiñando ata unhas pozas que están a media horiña do campa, onde puidemos bañarnos e disfrutar do sol que por fin decidiu sair 🌤 Á volta, directiños para duchas para estar listos e devorar a ensalada e pizza caseira tan rica que tivemos de cea 😋 Despois, xogamos á velada de "pokémon", no que cada equipo debía de descubrir onde estaban agochados os pokemons (monitores) para levalos aos ximnasios e poder retalos cós pokemons capturados por outros equipos. A velada foi un éxito e rematamos con un conto esc...