Último día e curtas!
O último día completo e a despedida sempre son días un pouco diferentes, as veces, ata complicados. Pena de marchar, nervios por ver as nosas familias, actividades distintas ás habituais... un cúmulo de cousas que fan que estes dous días pasen voando!
O domingo aprovechámolo para rematar as curtas, repetir a nosa actividade favorita, fixemos un gran xogo e preparamos as maletas para ter todo listo e poder marchar tranquilos o día seguinte. Para finalizar o día, visionamos as curtas todos xuntos e fumos ao "Furancho de Gheremías", que montamos nas pistas de fútbol e foi onde puidemos bailar e comer algunha que outra chuminada.
O día de recollida foi intenso, pero creemos que pagou a pena.
Dende o equipo, agardamos que os peques disfrutasen dunha experiencia máxica e que non dubiden en repetir, xa sexa neste ou calquera outro campamento.
Podedes ver as curtas neste enlace.
Gracias por todo e feliz verán da nosa parte tamén!
Comentarios
Publicar un comentario