3, 2, 1...acción!
Estamos na recta final e iso nótase no ambiente... os sentimentos a flor de pel intentando explotar ao máximo estes últimos días disfrutando das actividades, grabando as curtas e aproveitando moito das nosas novas amizades 👯♂️
Pola mañá comezamos a segunda rotación de circo, drama, expresión corporal, formación e rocódromo, servindo todas de preparatorias para o corto.
Comimos macarróns con atún e tomate máis polo estofado con ensalada. Despois, no tempo libre, seguimos con algúns torneos que temos montados: fútbol, baloncesto, tenis de mesa...
Ao rematar, levamos a cabo unha dinámica de Conecta2, que trata, en forma de xogo, de amosar as diferentes situacións que viven persoas en risco de exclusión social, inmigrantes, etc. Unha vez finalizado, tivemos un debate, dende o máximo respeto, entre todos que levou a conclusións moi bonitas onde os participantes poideron empatizar e entender situacións que moitas vs eces non vemos.
Para finalizar a tarde, cada grupo comezou a filmar a súa corta, nas que xa teñen o vestuario, maquillaxe e guións preparados. Bañámonos na piscina e ceamos crema de verduras e anillas de calamar con pataca cocida e tomate natural.
Como velada, fixemos unha loita entre monis e acampados, onde os rapaces precisaban conquistar as bases nas que estaban agochados os monis para finalmente atopar a chucky, a mascota do campamento. Por ultimísimo, como cada día, limos un cuento e marchamos a descansar.
Comentarios
Publicar un comentario