Día pasado por auga!
Pola mañá despertamos con choiva pero poidemos rematar as actividades da segunda rotación: formación, rocódromo, circo, drama e expresión corporal, facendo que todos os grupos rematasen de repetir cada unha delas. Rematando a primeira parte do día nadando e disfrutando na piscina.
Repusimos forzas comendo ensalada de garbanzos e arroz negro con chipiróns para logo seguir grabando as nosas curtas, que expondremos na festa final. Despois de merendar, fixemos un obradoiro de igualdade para poder estar baixo cuberto, no que pasaban por diferentes espacios nos que iban traballado diferentes cuestións relacionadas có tema: debuxo, memoria, role playing e debate.
Despois de cear cuscús e costelas con verduriñas limos, como cada día, o buzón e posteriormente comezamos a velada de terror, que tantos días levaban pedindo. Unhas bruxas discutiron en Entrimo mesturando a maxia branca e negra, precisando a axuda dos acampados para atopar os enigmas que revelarían o conxuro. Rematamos o día con un conto, que nos permitiu baixar revolucións e dormir tranquilamente.
Comentarios
Publicar un comentario