Metade de campa superada!
O día de onte foi o ecuador do campa e isto vai rodado!
Pola mañá, cada grupo rematou o bloque de actividades que lles faltaban por facer e, como sempre, rematamos a mañá na piscina disfrutando de este bo tempo que estamos tendo.
Comimos arroz con tomate, champiñóns e lomo de porco e logo tivemos tempo para chamar a casiña e contar cómo vai todo.
Pola tarde, comezamos a segunda rotación de actividades do campamento, onde nos adentramos totalmente no mundo de teatro. Despois da merenda, comezamos a pensar, argumentar e crear os nosos cortos para poder comezar a grabar canto antes!
Para rematar o día, ceamos ensalada campera e fideuá de luras. A velada foi "carreira de creatividade", onde os rapaces e rapazas debían bailar, animar e cantar á vez que superaban diferentes probas.
Comentarios
Publicar un comentario