Día de excursión!
Onte os vosos peques camiñaron como uns campeóns, 7km indo ata o río de Pacín e 7km volta. Polo camiño, paramos en Entrimo para merendar, tanto a media mañá á ida como a media tarde cando estábamos volvendo.
Ao chegar a Pacín, bañámonos no río e tivemos un ratiño de tempo libre antes de comer empanada de atún e un bocata de polo con queixo.
Ao rematar, estivemos bailando e volvéronse a bañar; tamén puideron coller algunha bebida (sempre sen cafeína) nun chiringuito que hai na praia fluvial e pouco depois comezamos a marcha de volta a Entrimo.
Nesta parada da tarde, aproveitamos para ir ó super, onde poideron comprar refrescos e algunha que outra larpeirada, que comimos todos xuntos no anfiteatro de Entrimo. Ao rematar, volvemos ó campamento onde ceamos hamburguesa e ensalada.
Para acabar un día tan intenso, fixemos velada de cine, onde vimos a peli de Super Mario Bros tiradiños nos colchóns, tapados coas mantas e cun cucurucho de palomitas 🍿
Comentarios
Publicar un comentario