Cuarto día de aventura!

Onte pola mañá seguimos coas actividades de rocódromo, circo, drama, xeoaching, arco, formación, deportes cooperativos, expresión corporal, deporte acuático e obradoiro de natureza; cada grupo seguindo coas penúltimas actividades que lles faltaban por facer.

Ao finalizar as actividades, como cada día, rematamos a mañá disfrutando da piscina.

Comimos salmorejo e pasta con marisco para coller forzas xa que despois de comer comezábamos a primeira excursión do campamento.

Fumos camiñando ata unhas pozas que están a media horiña do campa, onde puidemos bañarnos e disfrutar do sol que por fin decidiu sair 🌤

Á volta, directiños para duchas para estar listos e devorar a ensalada e pizza caseira tan rica que tivemos de cea 😋 Despois, xogamos á velada de "pokémon", no que cada equipo debía de descubrir onde estaban agochados os pokemons (monitores) para levalos aos ximnasios e poder retalos cós pokemons capturados por outros equipos.

A velada foi un éxito e rematamos con un conto escrito e cantado polo noso monitor Joel, no que puidemos entrar nun mundo máxico que nos emocionou a todos e todas.

















Comentarios

Entradas populares de este blog

Día pasado por auga!

3, 2, 1...acción!