Segundo día, comezan a saber cómo vai isto!
Este domingo dividimos aos participantes, por idades, en 5 grupos de 20 persoas. Empezando o grupo 1 polos máis pequenos ata o 5 cos maiores; cada un deles recibiu un nome dun personaxe de Super Mario Bros.
Pola mañá, comezamos coa primeira rotación de actividades: rocódromo, geocaching, tiro con arco, circo, dramatización, deportes acuáticos, obradoiro de natureza, formación, deporte cooperativo e expresión corporal. Cada un dos grupos gozou de dous destas actividades, unha na primeira metade da mañá e a outra na segunda. Despois, tivemos todos un ratito de piscina para refrescarnos antes de ir comer lentellas e palitos de pescada con ensalada e pataca cocida.
Pola tarde, fixemos un experimento da natureza, tratando de facer uns niños para protexer, cada grupo, ao seu ovo. Unha vez feitos, deixámolos caer dende o rocódromo para comprobar se sobrevivían e... só romperon 3 dos 10 ovos que se puxeron a proba!! Despois de merendar un bocadillo de crema de cacao e un peladillo, comezamos os "Xogos Estrellados", unha xincana na que por equipos, ían superando as diferentes probas en tempo record! Finalizamos a tarde na piscina, nadando e xogando todos e todas xuntas.
Ceamos puré de cenoria e berenxenas recheas de carne con macarróns 😋 para coller forzas e cantar a pleno pulmón na velada de Furor onde todos os participantes estiveron amosando a súa vena máis musical.
Coma sempre, ao rematar, limos un conto, esta vez nas pistas para poder ver as perseidas que onte asomaron vibrantes. Unha vez finalizado o conto, fumos directiños cara as tendas, para falar cos nosos monis e logo descansar ✨
Comentarios
Publicar un comentario