Primeiro día superado!



 

O día de onte foi o primeiro para moitos e a volta a un lugar máxico para outros tantos...

Coñecémonos todos, acampados e monitores, tamén as instalacións e vimos como gozar ao máximo deste Super Campa.

Cando nos despedimos dos papis e mamis, fixemos un repaso das normas do campamento e a instalación. A continuación, fomos comer ensalada de pasta e milanesa de polo con patacas fritas.

Despois da comida, tivemos un ratito de tempo libre para ir falando cos novos compis ata que comezamos o gran xogo, onde Yoshi bateuse a duelo contra Bowser, que coa axuda de todos os participantes, terminou sendo vencido. Ao acabar, merendamos un bocadillo de xamón serrano con tomate e preparámonos para ir á piscina.

Na auga, fixemos unha proba de natación por grupos, para acabar todos dentro gozando do calorcito. De aí, fómonos directos a duchas para despois poñernos roupa limpa e estar listos para cear.


Despois de gozar dun puré de verduritas e uns san jacobos con tomate, demos comezo á velada. Esta consistiu na procura, por grupos, dos diferentes monis, favorecendo o coñecemento de datos curiosos de todos eles e todos os recunchos das instalacións.

Para finalizar o día e baixar revolucións, lemos un conto e fómonos para camiña, superando con éxito a primeira noite no campamento xuvenil Penedos do Xacinto.



















Comentarios