Dinámica collida e vento en popa!
Día 3 de campamento e 3 de 5 bloques de actividades da primeira rotación superados!
Os peques xa teñen os seus grupiños, coñecen e disfrutan da dinámica do campamento e comezan a entrar nesa "burbuxa campa" tan máxica que lles permite gozar ao máximo das súas novas amizades, dos xogos, dos monitores e das instalacións ✨
Onte foi un día intenso de actividades, pola mañá o grupo 1 tivo drama e expresión corporal, o grupo 2 geocaching e deportes acuáticos, o grupo 3 apuntou en arco e fixo vivacs no obradoiro de natureza; o grupo 4, trepou o rocódromo e logo foi practicar teatro en formación, por último, o grupo dos maiores, o 5, bailou en circo e xogou en deportes cooperativos.
Ao rematar, bailamos e xogamos todos na piscina. Despois, comimos ensaladilla rusa e polo con puré de pataca; seguido da comida, chamaron as súas casas para contarvos todas as cousiñas que estamos a facer 🌈
Pola tarde, seguimos con esta primeira rotación que disfrutaron mogollón probando as diferentes actividades:
Grupo 1: Circo e deporte cooperativo
Grupo 2: Drama e expresión corporal
Grupo 3: Geocaching e deportes acuáticos
Grupo 4: Arco e obradoiro de natureza
Grupo 5: Rocódromo e formación
Coma sempre, rematamos a tarde dándonos un refrescante chapuzón 💦 De cea, tivemos lomo adobado e repolo con allada e arroz. Para gozar da noite, xogamos ao "Mamut e a Lúa", onde todos os equipos tiñan que competir en silencio para conseguir runas e liberar á Lúa sen ser pillados polo Mamut.
Finalmente, rematamos lanzando o Mamut á piscina entre todos e liberando á Lúa da súa maldición.
Comentarios
Publicar un comentario