Dinámica collida e vento en popa!
Día 3 de campamento e 3 de 5 bloques de actividades da primeira rotación superados! Os peques xa teñen os seus grupiños, coñecen e disfrutan da dinámica do campamento e comezan a entrar nesa "burbuxa campa" tan máxica que lles permite gozar ao máximo das súas novas amizades, dos xogos, dos monitores e das instalacións ✨ Onte foi un día intenso de actividades, pola mañá o grupo 1 tivo drama e expresión corporal, o grupo 2 geocaching e deportes acuáticos, o grupo 3 apuntou en arco e fixo vivacs no obradoiro de natureza; o grupo 4, trepou o rocódromo e logo foi practicar teatro en formación, por último, o grupo dos maiores, o 5, bailou en circo e xogou en deportes cooperativos. Ao rematar, bailamos e xogamos todos na piscina. Despois, comimos ensaladilla rusa e polo con puré de pataca; seguido da comida, chamaron as súas casas para contarvos todas as cousiñas que estamos a facer 🌈 Pola tarde, seguimos con esta primeira rotación que disfrutaron mogollón probando as diferentes a...